EL JARRÓN INFINITO
ZONA C, Santiago de Compostela 2022.









GAL

Esta mostra, do mesmo xeito que vemos nas repeticións de corpos, de volumes cerámicos ou de curvas téxtiles, carga cunha investigación plástica que se nutre de cada produción pasada e tamén se fai máis complexa debido á sedimentación de intereses que, máis aló de desaparecer, se adhiren a unhas obras conformadas a partir de capas e capas de lectura.

A idea de El jarrón infinito/O vaso infinito nace do interese por investigar de forma plástica e escultórica algunhas das imaxes que Ruth Mathilda Andersón tomou a medida que percorría Galicia durante 1920. Nalgunhas destas fotografías vemos as apañadeiras, mulleres que cargaban producións cerámicas dende os obradoiros ata o forno comunal no que se cocían.

As xigantescas e pesadas cestas pousaban sobre as súas cabezas establecendo unha forma que eu percibo como un volume en forma de vaso floral. Esta situación sobre a cabeza funciona como un paralelismo cos procesos de amoreamento que aquí se presentan. Se pensamos nas partes dunha vasilla podemos ver como moitas delas toman nomes completamente antropomorfizados, como pescozo, boca ou barriga. Así, a semellanza entre corpo e vaso vese clara e aparece un nexo entre ambos do que me aproveito para producir algunhas das obras que aquí se amosan.

Doutra banda, esta mostra, entre outras cuestións, é unha loita contra o tamaño modesto da cerámica. Existe nestas obras un forte interese polas posibilidades expansivas que se poden conseguir a partir deste material. Cobran importancia os mecanismos de conquista do espazo que, neste caso, se asumen dende a repetición e o amontoamento de módulos. Á súa vez, estes volumes teñen un xerme de corpo que carga ou que é cargado e que nos devolve ao momento inicial, ao xerme fotográfico que nos mostra o corpo que sostén.

Así, a mostra componse de repeticións corporais que aspiran ao eterno e infinito a partir de módulos concretos. Pequenos volumes que enlazados cun cordón de algodón se dispersan polo espazo. Imaxes dun corpo fotografado que xoga a ser vasilla, que pretende converterse en dúas liñas curvas e que, situándose no mesmo contexto, dá lugar a esta idea do vaso infinito.















































































GAL

El jarrón infinito
de Mar Ramón Soriano é o novo proxecto que ocupará o primeiro e o segundo andar da Zona C. Foi seleccionado na modalidade de proxectos de creación artística para formar parte da programación que este espazo dedica á arte emerxente.

Mar Ramón Soriano (Valencia, 1993) contextualiza este proxecto na investigación procesual e teórica que vén desenvolvendo ao situar a materialidade das cousas no seu centro de interese. Segundo a artista, a natureza dun obxecto articúlase segundo pesos, resistencias e fraxilidades. O corpo é un obxecto máis que, representado coa cerámica e articulado con outros elementos dunha forma precaria, fornece un compoñente de dramatismo e temor á rotura.

Mar mira consciente arredor seu e le as connotacións que cada cousa achega á composición final:  “Unha bolsa da compra deixa unha marca nos meus dedos, miro as aprehensións das que fala o filósofo Graham Harman e observo as ergonomías". A artista amosa interese nos materiais cotiáns, que en moitas ocasións pasan desapercibidos, aproveitando os seus significados nun constante exercicio de terxiversación.

El jarrón infinito nace da necesidade de afondar no proxecto en que a creadora está mergullada: traballa desde a referencia dunha imaxe tirada por Ruth Mathilda Andersón en 1920 ás “apañadeiras” de Niñodaguia, parroquia oleira onde se atopa o taller da artista.

As “apañadeiras” eran mulleres que cargaban as olas desde os obradoiros cerámicos até o forno no que se cocían. Unhas xigantescas e pesadas cestas pousaban sobre as súas cabezas establecendo unha forma que Mar determina como un volume vasiforme.

A figura que resulta do pousado sobre a cabeza amosa paralelismo cos procesos de amoreamento cos que a creadora está a traballar e que teñen tamén como referencia a Columna sen fin de Brancusi.

Mar Ramón Soriano conquista o espazo a través das dimensións do cerámico. Constrúe módulos que se sitúan uns derriba doutros á maneira dos rañaceos ou dos impoñentes obeliscos, na procura de acadar unha altura ou unha monumentalidade que se exerce dende a colectivización de módulos máis modestos. Pola súa vez, os volumes teñen o xerme de corpo que carga e é cargado, que serve de sostén ou é sostido. Estas acumulacións de formas onduladas e orgánicas, observadas de forma lateral, poden percibirse como o debuxo de dúas liñas curvas situadas a modo de espello, nun exercicio de simplificación ou de extracción da cualidade mínima, e é esta imaxe concreta a que vincula as disciplinas empregadas na produción desta mostra.

Volumes, cores, densidades e disposicións establécense e distribúense no primeiro e no segundo andar da Zona C a partir de tres series de obras que exploran cuestións físicas de peso e gravidade, un interese polo arquivo histórico e os procesos inherentes ao traballo con diversos materiais. El jarrón infinito desenvolve os intereses da artista, abordados desde unha serie de módulos cerámicos, o traballo en pezas téxtiles e un terceiro conxunto que se conforma a partir de imaxes fotográficas.




ENG

El jarrón infinito by Mar Ramón Soriano is the new project that will occupy the first and second floors of Zona C. It was selected in the modality of artistic creation projects to be part of the program that this space dedicates to emerging art.

Mar Ramón Soriano (Valencia, 1993) contextualizes this project in the processual and theoretical research that she has been developing by placing the materiality of things at the center of her interest. According to the artist, the nature of an object is articulated according to weights, resistances and weaknesses. The body is one more object that, represented with ceramics and articulated with other elements in a precarious way, provides a component of drama and fear of breakage.

Mar looks consciously around her and sees the connotations that each thing adds to the final composition: "A shopping bag leaves a mark on my fingers, I look at the prehensions that the philosopher Graham Harman talks about and I observe the ergonomics". The artist is interested in everyday materials, which on many occasions go unnoticed, taking advantage of their meanings in a constant exercise of misrepresentation.

The infinite vase is born from the need to delve into the project in which the creator is immersed: she works from the reference of an image taken by Ruth Mathilda Andersón in 1920 to the "apañadeiras" of Niñodaguia, the oil parish where the artist's workshop is located.

The "apañadeiras" were women who carried the waves from the ceramic workshops to the kiln where they were fired. Some gigantic and heavy baskets were placed on their heads establishing a form that Mar determines as a vasiform volume.

The figure that results from the basket placed on the head shows parallels with the processes of love that the creator is working on and that also have Brancusi's Column without end as a reference.

Mar Ramón Soriano conquers space through the dimensions of ceramics. He builds modules that are placed one on top of the other in the manner of the skyscrapers or the imposing obelisks, in an attempt to achieve a height or a monumentality that is exercised from the collectivization of more modest modules. In turn, the volumes have the body seed that carries and is carried, that serves as support or is supported. These accumulations of undulating and organic forms, observed from the side, can be perceived as the drawing of two curved lines placed as a spur, in an exercise of simplification or extraction of the minimum quality, and it is this concrete image that links the disciplines used in the production of this exhibition.

Volumes, colors, densities and dispositions are established and distributed on the first and second floors of Zone C through three series of works that explore physical questions of weight and gravity, an interest in the historical archive and the processes inherent in working with different materials. The infinite vase develops the artist's interests, approached from a series of ceramic modules, the work in textile pieces and a third set that is formed from photographic images.