GAL
Sistemas empáticos
Comisariada por Sara Donoso en la sala ALTERARTE (Ourense).
04/05/2022-08/07/2022
Mar Ramón Soriano basea a súa investigación e práctica artística na exploración dos elementos cotiáns, aos que outorga novos significados para chamar a atención sobre as súas posibilidades expresivas e conceptuais, in corporándoos a outros materiais como a cerámica e o téxtil. As súas obras expóñense como unha ensamblaxe continua onde o diálogo entre o brando, o duro, o coñecido e o estraño conforman un conxunto que pretende facer nos cómplices do noso propio corpo.
Esta exposición, Sistemas empáticos, está composta na súa totalidade por obra de nova produción na que non só se persegue o resultado final, senón tamén o valor procesual do traballo, dese enfrontamento co material, principalmente cerámico, convertido nun xogo de procuras e achados. Continúa tamén a indagación na experiencia do habitar e o seu poder evocador de imaxes, ou sensacións, que xorden cando o mirar se torna lento e os sen tidos se activan. É o esvaradío do día a día o que lle interesa a Mar Ramón Soriano, ese peso do inadvertido que reforza o carácter estético das cousas para cargalas de diferentes connotacións mediante a intervención da arte.
Mar Ramón Soriano busca reforzar os vínculos suxeito-obxecto desde unha perspectiva que suprime as xerarquías e cuestiona a habitual posi ción protagónica do ser humano fronte ao resto de elementos que a rodean. Aposta polo contacto coa materia nunha clara proximidade cara ao artesa nal que ten no corpo un dos seus alicerces principais. Xogando co denso e co livián, a repetición de estruturas e a preferencia por formas circulares, orgánicas, dan sentido a un tipo de proceder onde a empatía ocupa parte da formulación plástica e conceptual. Círculos que compoñen novas entidades, estruturas pertencentes ao ámbito doméstico (agarradoiras de bañeira, de toalla, de papel hixiénico...) ven alterado o seu escenario (aínda que mante ñen moitas veces a súa función de amarre ou de alicerce) ao situarse ao ser vizo dun exercicio tan poético coma artístico de conexións entre elementos.
A cerámica, robusta pero fráxil, repousa moitas veces sobre estruturas lixeiras e maleables para perseguir unha estética de contrastes. En ocasións atópase como suspendida e entón desvela a súa levidade. Tamén se deixa acariñar polo tecido, cuxa dulcificación arredor do universo feminino na historia da arte máis canónica permite agora reivindicalo doutro xeito para pensar o corpo como algo andróxino e aberto. Conectando coa presenza do corpóreo exponse tamén o uso da cor; unha paleta de tonalidades carnes, rosadas e crúas aluden ao corpo e despiden unha sensación agradable, ha bilmente matizada con outras formas ou intensidades cromáticas que con viven con cruzamentos máis agresivos. Porque a súa práctica artística foi adquirindo intensidade e son cada vez máis experimentais as ensamblaxes que propón: obxectos atopados, útiles reciclados, materiais buscados nunha obsesión constante por construír unha topografía do cotián. Ao final, o foco sitúase sempre na cuestión da empatía, dun sistema de pezas dialogantes que, nesta exposición, se atopan en relación cos tránsitos determinados polo espazo da sala. A composición global presenta así un perfil instalativo onde as obras se adaptan á arquitectura empregándoa como un novo punto
de apoio ou forzando as formas para expandir as esquinas e as súas arestas redondeadas. Pero son, en última instancia, as persoas visitantes as que es cenifican o relato e fomentan que todas estas relacións funcionen. Son os novos corpos que miran, percorren e activan a obra.
Sara Donoso
ENG
Empathic systems
Curated by Sara Donoso at ALTERARTE (Ourense).
04/05/2022-08/07/2022
Mar Ramón Soriano bases her research and artistic practice on the exploration of everyday elements, to which she gives new meanings to draw attention to their expressive and conceptual possibilities, incorporating them into other materials such as ceramics and textiles. Her works are exhibited as a continuous assemblage where the dialogue between the soft, the hard, the known and the strange make up a whole that aims to make us accomplices of our own body.
This exhibition, Empathic Systems, is composed entirely of newly produced works in which not only the final result is pursued, but also the process value of the work, of that confrontation with the material, mainly ceramic, turned into a game of searches and discoveries. It also continues the inquiry into the experience of inhabiting and its power to evoke images or sensations that emerge when the gaze slows down and the senses are activated. It is the slipperiness of the everyday that interests Mar Ramón Soriano, that weight of the involuntary that reinforces the aesthetic character of things to load them with diverse connotations through the intervention of art.
Mar Ramón Soriano seeks to reinforce the subject-object links from a perspective that collapses hierarchies and questions the usual protagonist position of the human being in front of the rest of the elements that surround him. She bets on the contact with the material in a clear proximity to the craftsmanship that has in the body one of its main pillars. The game with the dense and the light, the repetition of structures and the preference for circular and organic forms, give sense to a type of procedure where empathy occupies part of the plastic and conceptual formulation. Circles that configure new entities, structures belonging to the domestic sphere (bathtub, towel, toilet paper handles...) see their location altered (although they often maintain their function of mooring or pillar) as they place themselves in the place of witnessing an exercise as poetic as it is artistic of connections between elements.
The ceramic, robust but fragile, often rests on light and malleable structures to pursue an aesthetic of contrasts. Sometimes it suspends itself and then reveals its lightness. It also allows itself to be caressed by the fabric, whose sweetening around the feminine universe in the most canonical history of art now allows to claim in another way to think of the body as something androgynous and open. Connecting with the presence of the corporeal, the use of color is also exposed; a palette of fleshy, pink and raw tones allude to the body and give off a pleasant sensation, wisely nuanced with other forms or chromatic intensities that coexist with more aggressive crossovers. Because her artistic practice has been acquiring intensity and the assemblages she proposes are more and more experimental: found objects, recycled tools, sought-after materials in a constant obsession to build a topography of the everyday. In the end, the focus is always on the question of empathy, of a system of dialoguing pieces that, in this exhibition, are in relation to the transits determined by the space of the room. The overall composition thus presents an installation profile where the works adapt to the architecture by using it as a new point of support or by forcing the forms to expand the corners and their rounded edges. But, ultimately, it is the visitors who make the story happen and make all these relationships work. They are the new bodies that look at, walk through and activate the work.